16xuñ
Parque Natural do Río Barosa

Parque Natural do Río Barosa

Un dos sitios obrigados das Rías Baixas é o Parque da Natureza do Río Barosa, en Barro, ideal para pasar unha tarde.

O parque atópase na estrada Pontevedra con Caldas, pasando Barro. Está ben indicado polo que non ten perda, conta con un fácil acceso en coche a un amplo aparcamento, ademáis nas inmediacóns, hai un parque para os máis pequenos.

Parque Natural do Río Barosa: Entrada Parque Natural do Río Barosa: Cascada Parque Natural do Río Barosa: dende arriba Parque Natural do Río Barosa: taberna

As fins de semana é un lugar moi concurrido, polo que desta vez decidimos ir un día de semana coa idea de facer a ruta de sendeirismo e sacar unhas fotos.

Entrando no recinto atopámonos coa xoia da coroa, unha gran cascada cos seus muiños, que aproveitaban a forza da auga para moer o gran.

Foto: Santi

Un dos muiños da zona baixa está rehabilitado e funciona como bar, ainda que ese día estaba pechado. Na contorna tamén hai mesas para aqueles que prefiran levar a súa comida.

A ruta de sendeirismo comeza na marxe esquerda, subindo pegado ao río, hai numerosos bancos para relaxarse e disfrutar dunhas vistas impresionantes sobre o salto de auga.

Ainda que a ruta non é dificil recoméndase calzado apropiado, pois a senda vai pegada ao río o cal ten un desnivel considerable.

Foto: Santi

A maioría de muiños non están en tan boas condicións como os da parte baixa, ainda que este factor dalle certo encanto á ruta. A maioría conservan a moa pero non o tellado.

Finalizada a subida chegamos a unha estrada a cal marca un punto de inflexión.

Dende este lugar podemos continuar o camiño pola marxe esquerda e pasando por outra das tabernas típicas imos deixando atrás o estrondo para seguir por un sendeiro, acompañados dalguns patos e ocas, co río moi calmo e sendo esta parte do traxecto moito máis levadeira.

A ponte márcanos o final do camiño e decidimos regresar pola outra beira do río, ainda que dende este punto se pode continuar hacia a igrexa de San Breixo.

Foto: Santi