23xuñ
5 pratos típicos galegos que probar este verán

5 pratos típicos galegos que probar este verán

En Galicia podemos presumir da nosa deliciosa cociña autóctona e da gran variedade de pratos que a gastronomía popular ofrece. Se vas a aterrar nas nosas terras este próximo verán e tes un bo paladar, non podes perder a ocasión de catar estes manxares da cociña tradicional galega.

5 comidas que debes probar en Galicia

1. Polbo á feira: A fabulosa materia prima que chega ás costas galegas transfórmase nun dos pratos máis alabados polos comensais de todo o mundo, o polbo á galega, comúnmente denominado á feira. Cocido en olas de cobre, acompañado por patacas cocidas e condimentado con sal gorda e pementón, o más famoso degústase na localidade ourensana de Carballiño.

Foto: Javier Lastras url

2. Cocido galego: Os ingredientes básicos de este contundente prato típico galego proceden da matanza do porco e das variadas hortas galegas. Así, conta con lacón cocido, chourizo, garbanzos, nabizas, col o xarrete. O máis extendido é o da Feira do Cocido de Lalín, localidade pontevedresa do interior. No verán poderás disfrutarlo en diversas festas gastronómicas como Cea (Ourense), e se pasas por Galicia en carnaval poderás acudir a degustalo a Verín, Xinzo de Limia ou Laza, entre outros.

3. Empanada: A tradicional e deliciosa masa galega aparece rechea con diferentes alternativas, sendo as máis coñecidas carne, atún, zamburiñas, liscos ou polbo. No verán hai eventos vinculados á degustación deste produto, en enclaves como Bandeira (Silleda)

Foto: tdfugere url

4. Percebes: O marisco de Galicia é un dos produtos gastronómicos máis codiciados e ansiados polos gourmets de múltiples partes do mundo. Entre a amplia variedade destes alimentos destacan os percebes, exquisitos crustáceos de difícil obtención que se toman cocidos e salgados. Durante a época estival poderás catalos no seu enclave más famoso: Viladesuso-Oia (Pontevedra).

5. Arroz con bogavante: A frescura deste marisco e o bo facer centenario na preparación deste arroz caldoso fan deste prato típico galego todo un manxar. Este verán podes acudir ao Grove, cuxa Festa do Marisco está declarada de Interése Turístico Nacional, e tamén a calqueira enclave da costa viguesa, como os restaurantes da zona vella de Baiona, especializados neste produto, Cambados, Poio, Sanxenxo.

Por suposto, quédasenos no tintiero a exquisita tortilla galega, os pimientos de padrón, a ameixa de Carril, o bonito, ou as navallas. Todo isto, acompañado dos nosos populares viños autóctonos como o Albariño. A qué agardas para vir a nosa terra a poñerte as botas cos pratos típicos galegos?