Destino.gal nace coa idea de dar a coñecer todo o relacionado co turismo e o ocio. Dende poder descubrir puntos de interese cultural ou natural, arquitectura, rutas de sendeirismo, praias, etc., hata suxerir ao visitante os mellores lugares onde poder saborear unha suculenta gastronomía ou ir de copas a locais de moda da zona.
Axuda ao negocio da hostelería a dar a coñecer os seus servizos ou productos, poñendo á súa disposición unha potente ferramenta que lle permita publicar as súas ofertas ou promocións en cada momento. Isto significa que moita máis xente vai a vir de visita ou a pasar uns días de vacacións, repercutindo económicamente de modo positivo na zona.
Poderá dar a coñecer o seu menú diario, as súas especialidades ou os servizos que o fan diferentes do resto, para poñelos en valor e dalos a coñecer á clientela.
Destino.gal non é a típica “páxina web” turística, se non que é unha ferramenta que permite que, a través de dispositivos móviles, se poida fácilmente difundir información entre os seus clientes e facer que estes poidan localizar un punto determinado, como pode ser o seu negocio, guiándoo a través do GPS do seu móbil.
Ao tratarse dunha aplicación para dispositivos móbiles, poderá informar aos seus clientes das ofertas
que realice. Dende unha noite a partir dunha hora, pode poñer as copas a mitade de prezo, hata que tal
día ten unha degustación de un bo cordeiro, ou que un fin de semana saca unha oferta de aloxamento con
grandes descontos.
Toda esta información apareceralles aos clientes instantáneamente, facendo que estean ao tanto
destes eventos e dirixíndoos hata vostede grazas ao sistema de xeo-localización.
Supoñamos que teño previsto ir a comer o próximo fin de semana e que quero comer un asado, nun
lugar céntrico, e que poida saber o prezo. Empregando o buscador avanzado, podrei localizar os
restaurantes que cumpran esas condicións.
Ou supoñamos tamén que pretenda buscar un aloxamento de 3 estrelas, que estea nunha zona determinada,
que teña aire acondicionado, parking, xogos para nenos, etc. Empregando o buscador avanzado podo
filtrar por todo tipo de información.
Situación que soe ocurrir:
Cantas veces se atopou un de viaxe e non atopa sitio ónde poder durmir porque os hoteis están
cheos. O máis común é preguntar nunha cafetería ou bar por se saben de algún que poida ter dispoñibilidade.
Xeralmente o que soen facer (se se atopa un con xente amable) é que che poidan indicar acerca dun
ou máis aloxamentos para que “vaias a ver” se teñen habitacións.
Coa nosa rede social, o camareiro soamente tería que enviar unha pregunta pola rede, e calqueira aloxamento
que forme parte da mesma xa lle podería responder, conseguindo desta maneira un servizo inmediato a un cliente,
coa satisfacción de solucionarlle o problema, e conseguir que quede satisfeito.