5xul
12 razóns para visitar as Illas Cíes (I)

12 razóns para visitar as Illas Cíes (I)

Visitar as Illas Cíes é empaparte do encanto das nosas terras e sumerxirte nun lugar máxico, único no mundo e bautizado xa na época dos romanos como as illas dos deuses.

Neste primeiro artigo queremos darche seis deses 12 motivos para que este enclave espectacular da costa viguesa se convirta nun dos teus destinos vacacionais preferidos. Os seus tesouros naturais e vistas de ensono quitaranche o impo.

1. As Cíes son Patrimonio Natural da Humanidade, declarado pola UNESCO: As súas praias de postal totalmente salvaxes, a súa area branca e a súa auga cristalina son as delicias de viaxeiros e amantes da fotografía. Neste lugar tan especial atoparás ata nove praias. A máis famosa de todas elas é a de Rodas, declarada como a mellor do mundo segundo o prestixioso periódico The Guardian.

Foto: Santi

2. Descubrirás a beleza dos seus bosques de algas pardas e os seus paixases dunares: Ambos son moi característicos das Illas Cíes. Os primeros teñen especies de ata dous metros de altura e os segundos son unha mostra maravillosa da beleza natural do lugar, compartida con outras illas do Parque Atlántico coma Ons.

3. A ruta dos faros: Se che gustan esta clase de creacións arquitectónicas, derreteraste na visita á illa do Faro. Situado a 178 metros de altura sobre o nivel del mar, poderás acceder e contemplar unha impresionante panorámica dos acantilados e a illa de San Martiño. Preto del atoparás o faro da Porta, que funciona con enerxía solar e indica o inicio da zona de reserva de aves mariñas. Na illa norte ou de Monteagudo está o faro do Peito, e na illa Sur ou de San Martiño atoparás o faro Dos Bicos.

Foto: Santi

4. O lago Dos Nenos: Recibe este nome a superficie que se forma xusto detrás de la praia de Rodas e que une as dúas illas: Monteagudo e do Faro. Polo lado aberto ao mar hai unha pasarela que se convirte no único nexo de unión entre ambas illas cuando a marea sube moito. ¿O máis característico desta laguna? Que constitue un rico ecosistema de multitude de especies mariñas. De feito, uno dos maiores atractivos deste lago para os nenos (e non tan nenos) é achegarse a él e ver a cantidade de peixes que o habitan, xa que a súa superficie transparente déixaos ver.

5. As rutas: Nas illas de Faro e de Monteagudo existen catro itinerarios sinalizados. A Ruta do monte Faro é a máis popular. Longa pero prometedora: lévanos ata o faro, dende onde se contempla unha panorámica xeral das Rías Baixas. A Ruta do Faro da Porta desvíase da anterior a este outro pequeno faro. A Ruta do Alto do Príncipe, na Illa Norte ou de Monteagudo, condúcenos á Cadeira da Raíña, un curioso conxunto rocoso modelado pola erosión, que ofrece espectaculares vistas dos acantilados; e pola Ruta de Monteagudo chegamos ao Faro do Peito, o lugar máis próximo ao continente.

Foto: Santi

6. A súa historia: As illas Cíes estiveron habitadas dende a Idade de Bronce a mediados o século XX. Os seus poboadores sufriron as invasións suevas e musulmanas e multitude de saqueos piratas, o máis feroz de todos o do pirata inglés Francis Drake no século XVI. Nas illas hai restos dun poboado castrexo, o Poboado das Hortas, e de distintas construccións (muiños, fábricas de salazón, cementerio, cuartel e cárcere…). O convento de San Esteban (século VI) foi rehabilitado para Centro de Interpretación.

Na seguinte parte darémosche outras seis razóns para acabar de convencerte de que debes visitar este trozo de paraíso.

Máis información e recomendacións sobre as Illas Cíes