5xul
12 razons para visitar as Illas Cíes (II)

12 razons para visitar as Illas Cíes (II)

Continuamos co artigo anterior para rematar de darche outras seis razóns para non deixar de visitar esta parte do Parque Natural das Illas Atlánticas.

1. Fauna mariña: Nas Cíes é doado atopar todo tipo de mariscos e crustáceos, ainda que se houbese que nomear un rei o máis popular, por numeroso, sería seguramente o mexillón. Entre os peixes máis abundantes, os sargos, as robaliza, os salmonetes, o lenguado e un considerable etcétera están entre os habitantes habituais, igual que a marsopa, o golfiño común y el golfiño mular, que ven a estas augas a reproducirse.

2. Patrimonio baixo o mar: Ao pouco tempo de que se comezara a primeira catalogación dos restos arqueolóxicos atopados baixo as Cíes, los especialistas concluían que baixo aquelas illas atopábase un dos patrimonios subacuáticos máis interesantes do mundo. Un barco da frota de Francis Drake, áncoras de pedra, sabres ou un anel con selo ducal son algúns dos restos atopados.

Foto: Santi

3. A ruta dos faros: Para los amantes dos faros, irse das Cíes sen visitar o faro do monte Faro, na illa central ou illa do Faro, é un pecado. Situado a 178 metros de altura sobre o nivel do mar, accédese a él por un camiño en zig zag tras o que hai unha impresionante panorámica dos acantilados e a illa de San Martiño. Non moi lonxe de él atópase o faro da Porta. Na illa norte está o faro do Peito, que marca a entrada norte da ría de Vigo xunto cos faros de cabo Home na costa do Morrazo. Xa na illa Sur ou de San Martiño está o faro Dos Bicos, coroando un estreito camiño á ladeira do monte Pereira.

4. Os fondos mariños: Os seus espectaculares paixases submariños e a riqueza de flora e fauna supoñen o maior valor de todo o Parque Nacional. Hacia o océano, os fondos son rochosos, pero frente ás rías, predominan os fondos areosos, de cascallo (restos de cunchas e moluscos) ou de maërl (coral).

Foto: Santi

5. Colonias de aves mariñas: 22.000 parellas de gaivota patiamarela teñen nas Cíes o seu fogar, o maior do mundo, e conviven con outras 2.000 parellas de cormorán moñudo, o que supon arredor do 50% da poboación en toda España. Non son as únicas colonias de aves nestas illas: a gaivota cincenta, a gabita ou o paíño europeo tamén atoparon nas illas Cíes o seu pequeno paraíso.

Foto: Santi

6. A ardentía: Pola noite a superficie da agua énchese de puntos faiscantes. Son algunhas especies de organismos microscópicos que emiten luz cando se remexe a auga. Quenes teñen o privilexio de pasar a noite en Cíes –só é posible pernoctar no camping ou en barco privado–, poden observarla ao camiñar pola area, en torno ao barco ou nos traslados en neumática.

Máis información e recomendacións sobre as Illas Cíes