Encántame camiñar para pensar... que os pés decidan onde ir, para que a cabeza poida pensar no que necesite. E os pés deciden moitas veces ir ata a Illa das Esculturas e arredores.
E non é casual que repita, pois a illa é unha das zonas máis fermosas e tranquilas da cidade e, por riba, ten moi bo acceso. A antes chamada Illa do Cobo, é en si mesma unha xunqueira de máis de 6 hectáreas de gran interese natural e paisaxístico (declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e incluída na Rede Natura 2000), que a finais do século XX foi transformada en parque e museo ó aire libre..
Para acceder contamos con varias pasarelas e pontes, sendo a máis espectacular de todas unha ponte peonil colgante, a cal permite que pasemos á outra marxe do río, onde podemos conectar coa Senda do Lérez (ruta duns 12 quilómetros que vai pegada a ambas marxes do río Lérez, desde a Ponte dos Tirantes ata o encoro de Bora).
Como museo, a Illa das Esculturas expón de forma permanente e gratuíta obras dunha ducia de artistas de recoñecemento internacional, as cales teñen o granito, a pedra galega por excelencia, como nexo entre elas e o contorno.
Como non son un afeccionado ás esculturas, vou deixar que outros con máis criterio fagan unha valoración en profundidade das obras, por exemplo a que fan na web do Pazo da Cultura. En calquera caso, aínda que pagán na materia, non me resisto a indicar as que máis me gustan :)
"Los 36 justos" de Fernando Casás, basada en una leyenda que cuenta como el mundo mantiene su equilibrio gracias a 36 personas que viven discretamente entre el resto. Aquí podéis ver un detalle de uno de los Justos.
Como parque e zona de recreo conta co Parque da Familia, situado entre a illa e o complexo universitario. Este parque infantil ten multitude de xogos para os máis pequenos, mentres que os adultos dispoñemos dun quiosco-cafetería desde onde vixiar ós peques mentres nos tomamos algo.
Por suposto dispón de múltiples carreiros para pasear e facer deporte, que conforman tres circuítos de entre 1 e 1,8 km., polo que é fácil ver a moita xente correndo ou paseando en bici. Pero o contorno é tan agradable que non nos quedamos só en terra, senón que é moi habitual ver a deportistas practicando piragüismo nas augas Lérez.
De entre as actividades e eventos que tamén acolle o lugar podemos destacar o Surfing the Lerez Festival que todos os anos lle pon ritmos alternativos á cidade.
Vamos, unha visita obrigada para os que se estean de visita pola cidade, e por suposto, zona habitual para tantos pontevedreses que gocen deste marabilloso espazo a diario :)