26ago
Que mosteiros visitar en Pontevedra?

Que mosteiros visitar en Pontevedra?

Se eres dos que gusta investir o seu tempo en vacacións para rebuscar os recunchos máis xenuínos e os monumentos históricos máis relevantes das zonas ás que viaxas, debes saber que a provincia de Pontevedra conta cun interesante conxunto de mosteiros para visitar.

A continuación, sinalamos algúns dos máis coñecidos para que non perdas a ocasión de gozar do rico patrimonio artístico da nosa localidade. Atoparás neles información ampliada sobre o emprazamento, a súa construción e as súas características estruturais, ademais de ter ocasión de fotografiarte nos seus lugares máis espectaculares.

Cabe destacar que o románico é o estilo arquitectónico-artístico predominante en mosteiros e igrexas galegas.

Mosteiros máis importantes da provincia de Pontevedra

1. Mosteiro de Santa María a Real en Oia: Foi declarado Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional en 1931. Chamaranche a atención os seus múltiples elementos defensivos que posúe, típicos dos castelos-fortaleza máis que das construcións relixiosas.

Foto: Santa María de Oia url

2. Mosteiro de Santa María Meis: Nun dos enclaves máis belos de toda a provincia, exemplo de románico. A súa autoría é aínda discutida, xa que algúns a atribúen a san Fructuoso e outros, ao conde Raimundo de Borgoña.

3. Mosteiro de Carboeiro en Silleda: Este mosteiro pontevedrés de tipoloxía benedicitina é un dos máis importantes de toda Galicia, fundado a comezos do século X nunha fermosa localización.

Foto: Juantiagues url

4. Mosteiro de San Pedro de Dozón: Outro dos alicerces do románico galego, nas súas orixes foi mosteiro de monxas benedictinas, fundado por Dona Guntroda Suárez en data discutida, nalgún momento do século XII.

5. Monaterio de Armenteira: Este mosteiro asombra pola súa espectacular fachada occidental e a sobria monumentalidade propia do seu estilo cisterciense.

Foto: Jim Anzalone url

6. Mosteiro de Poio: Tamén declarado Monumento Histórico-Artístico, este belo edificio está inscrito nun magnífico conxunto arquitéctonico que merece a pena percorrer e fotografar sen perderse ningún luxo de detalles.

Foto: José Antonio Gil Martínez url

E ti, xa acudiches a algún destes mosteiros en Pontevedra?