1set
5 razóns para non perderte a Feira Franca de Pontevedra 2016

5 razóns para non perderte a Feira Franca de Pontevedra 2016

Se es amante das feiras e festas de carácter temático, sen dúbida non podes perder a ocasión de acudir á Feira Franca de Pontevedra 2016, un dos acontecementos anuais emblemáticos para a cidade do Lérez, e que este ano terá lugar durante os días 2 e 3 do mes de setembro.

Neste artigo darémosche cinco motivos para que, xa sexa a primeira vez ou acudises en anteriores ocasións, goces ao máximo desta cita en terras pontevedresas na que poderás mergullarte no profundo do medievo, caracterizarte cos teus amigos e gozar dunha deliciosa gastronomía.

5 motivos para asistir á Feira Franca en Pontevedra

1. A Feira Franca é, desde hai moitos anos, unha das festas máis importantes do ano, considerada de Interese Turístico Nacional, á que acoden miles de persoas, coincidindo no calendario practicamente co fin da época do verán e do bo tempo. Acudir a ela é, por iso, un peche do período vacacional perfecto.

Foto: Juantiagues url

2. Se es un afeccionado á Historia, esta feira transportarate ao século XV, posto que Pontevedra convértese nun escenario de caracterización ideal onde atoparás campesiños, músicos, artesáns, carpinteiros, damas, cabaleiros ou xograres da época. Poderás disfrazarte da figura histórica que máis che guste e gozar sacándo fotografías como recordo da visita.

3. Dentro da Feira Franca 2016 poderás asistir á organización de diversas actividades lúdicas como a representación do transporte do viño, o fantástico torneo medieval, os espectáculos de tiro con arco e esgrima ou as exhibicións de música e danza que enfeitizan as xornadas do venres e o sábado.

Foto: Juantiagues url

4. Se che gustan as pezas de artesanía, tes un mercado á túa disposición, ao que poder acudir coa túa indumentaria medieval, para gozar das creacións únicas e do ambiente da rúa.

5. Para terminar, a boa comida tamén ten un oco indispensable na Feira Franca, que ademais de contar cun mercado de alimentación ten por costume que se realizan comidas e ceas na rúa, para poñer ao verán un broche idílico de brinde, pratos exquisitos, risas e músicas, todo baixo a maxia da indumentaria medieval.

Foto: Juantiagues url

Podes ampliar información sobre a festa e descargar o programa en destino.gal