A importancia relevante que está a exercer o mundo da náutica no municipio de Sanxenxo é un feito que ninguén dúbida. Valor indiscutible para a práctica das actividades náuticas, dispón de dous portos deportivos, Porto Deportivo Juan Carlos I en Sanxenxo e o de Portonovo.
Por iso, faise necesario fomentar o turismo náutico, destinado a ser unha das apostas de futuro do noso municipio: Xornadas e foros náuticos, encontros e reunións con organismos para o fomento do turismo náutico; actividades e cursos de formación, creación dun gran torneo ou regata que leve o nome de Sanxenxo, turismo náutico accesible: fomento do turismo náutico entre os discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais, impacto ambiental: cursos de concienciación do bo uso das prácticas habituais no turismo náutico, sustentabilidade ou coñecemento das leis e protocolos de actuación, publicidade e márketing, actividades para nenos, colexios e turistas.