Sanxenxo, capital do turismo vacacional de Galicia, quere facerse un oco dentro dos grandes destinos de reunións. Con máis de 3.800 habitacións, que significan o 25% total da provincia de Pontevedra e máis que toda a provincia de Ourense ou de Lugo, hai que engadir a súa catalogación como un dos catro principais destinos turísticos a nivel galego e o duodécimo máis popular entre os españois.
Sabemos que o mercado de reunións está fortemente determinado polo espazo urbano e os servizos que nel atópanse: os visitantes de negocios demandan oferta turística, gastronómica, cultural, comercial e deportiva.
Todo isto pode ofrecerllo Sanxenxo. Máis de dous millóns e medio de persoas participan cada ano neste tipo de reunións en España. A duración media dos congresos é de catro días, e a "tempada turística de reunións" é moi ampla (de 8 a 9 meses de duración) e non coincide coa época estival. O gasto medio por día de cada asistente, ao redor dos trescentos setenta euros, é de cinco a sete veces superior ao do resto dos turistas. ¿Por que non investilos en Sanxenxo?. Isto implica o deseño de actuacións reais, consensuadas e viables para que este segmento sexa un dos motores xeradores de emprego e riqueza en Sanxenxo.
A combinación de todos factores, fai indispensable unha actuación integral e coordinada que actúe sobre a oferta complementaria, labor indispensable da Oficina de Congresos de Sanxenxo que se encargará dá dar o impulso para a súa posta en marcha.