Ruta por Portonovo por la tarde - SANXENXO

PORTONOVO, VILA MARIÑEIRA Á tardiña.

DESCRICIÓN:

Propoñémoslles unha visita guiada a pé polo porto pesqueiro da vila máis mariñeira de Sanxenxo: Portonovo.

Asistir á poxa de peixe, coñecer a importancia que para a vila ten a organización de pescadores coñecida como "Pósito" ou "Confraría de Pescadores", interactuar cos homes e mulleres do mar e profundar no recoñecido e único "arte das redes", son algunhas das experiencias que gozarán durante a visita. 

A través da mesma, sentirá que forma parte da actividade pesqueira do pobo e coñecerá os distintos oficios do mar, así como os procesos necesarios para transformar as capturas diarias en exquisitas pezas da nosa gastronomía. Todo iso da man dos seus verdadeiros protagonistas: homes e mulleres do mar, experiencias e sabedorías que dan vida e cor a un pobo como Portonovo.

DETALLE DA VISITA:

Itinerario:

  • Explicación sobre a historia, tradicións e costumes de Portonovo, incidindo sobre a súa especial relación co mar e a pesca, así como a importancia que para a Vila ten a organización de pescadores coñecida como "Pósito" ou "Confraría de Pescadores de Portonovo".
  • Presenciar a poxa de peixe no interior da lonxa de Portonovo.
  • Explicación detallada da arte da pesca e dos seus aparellos, ofrecida de primeira man polas mulleres e/ou homes do mar.
  • Visita e explicación do exterior do Porto Pesqueiro, incidindo especialmente nas distintas embarcacións tradicionais.
  • Charla coas rederas de Portonovo, explicación detallada e visualización do único "arte das redes".

Punto de encontro: 

Oficina de Información Turística de CETS; Estrada A Lanzada 21, 36970 de Portonovo. 
Tel.: 986 691128.
10 minutos antes da saída

Horarios:
17:00 h
Saídas diarias, de luns a venres, inclusive. Durante todo o ano.
Semana Santa: Venres Santo.
*Previa solicitude. Existe a posibilidade de realizar a visita noutros horarios. Consultar.

Reservas:
Necesidade de reserva previa.
Prazas limitadas.

Particulares: 
Reserva previa cunha antelación mínima dun día, vía telefónica ou correo electrónico. 
Venda de tickets 10 minutos antes da saída, no punto de encontro especificado. Pago en efectivo.

Grupos: 
Necesidade de reserva previa.

Duración:
Dúas horas.

Idiomas:
Inglés e español (bilingüe).

Prezo:
Particulares: 
Menores ata 6 anos, gratis. 
Menores (de 6 a 12 anos), 50% de desconto. 
Adultos 6,00 euros.

Grupos:
Consultar condicións e tarifas especiais.

Organiza:
Turismo de Sanxenxo, S.L.

Información e reservas:
Tel. 986 72 02 85
www.turismodesanxenxo.com
info@turismodesanxenxo.com

 

Características de Rutas a pé

  • Distancia de todo o recorrido 2 horas
  • Ruta circular Si
  • Zonas de descanso durante o traxecto Si