TRADICIÓNS, COSTUMES E HISTORIA.
DESCRICIÓN:
Propoñémoslles unha visita guiada a pié pola vila mariñeira por excelencia do municipio de Sanxenxo: Portonovo.
A historia da vila, as súas tradicións e costumes máis importantes ?algunhas das cales se van perdendo co paso do tempo-, a importancia que tivo e ten a pesca, así como os homes e mulleres do mar para Portonovo, mestúranse coa visita aos principais puntos de interese da vila.
A visita incluirá, así mesmo, unha consumición acompañada dun ?petisco mariñeiro? que será, sen dúbida, o perfecto colofón a unha experiencia única, narrada de primeira man polo pobo do que alguén dixo un día: ?Portonovo é o capitán e vigía dos barcos que cruzan o mar?.
DETALLE DA VISITA:
Itinerario:
Punto de encontro:
Oficina de Información Turística de CETS; Estrada A Lanzada 21, 36970 de Portonovo. Tel.: 986 691128.
10 minutos antes da saída.
Horarios:
11:00 h.*
Tempada alta (1 de Xullo ata o 31 de agosto), de martes a sábado, incluído.
Resto do ano: de martes a sábado, incluído.
Semana Santa: consultar.
Previa solicitude, existe a posibilidade de realizar a visita noutros horarios. Consultar.
Reservas:
Necesidade de reserva previa. Prazas limitadas.
Particulares:
Reserva previa cunha antelación mínima dun día, vía telefónica ou correo electrónico.
Venda de tickets 10 minutos antes da sálida, no punto de encontro especificado. Pago en efectivo.
Grupos:
Necesidade de reserva previa.
Duración:
Unha hora e media.
Idiomas:
Inglés e español (bilingüe).
Prezo:
Particulares:
Menores ata 6 anos, gratis.
Menores (de 6 a 12 anos), 50% de desconto.
Adultos, 8,00 euros.
A entrada inclúe consumición e ?petisco mariñeiro?, salvo menores ata 6 anos.
Grupos:
Consultar condicións e tarifas especiais.
Organiza:
Turismo de Sanxenxo, S.L.
Información e reservas:
Tel. 986 72 02 85
www.turismodesanxenxo.com
info@turismodesanxenxo.com