Ruta de las Lagunas de Rouxique - SANXENXO

A 6 kms de Sanxenxo atópanse estas lagoas.


Esta ruta cruza as lagoas artificiais das Cachadas en Vilalonga, situadas na zona de Rouxique. A natureza arcillosa do chan é o motivo de aproveitamento deste mineral desde hai moitos anos. Os pozos abandonados transformáronse en lagoas cheas de vida onde aniñan e viven distintas especies de aves, debido a que esta zona pertence ao Complexo Intermareal Umia-O Grove, unha zona de gran riqueza natural tanto pola súa flora como a súa fauna.

Esta ruta ten unha lonxitude de 3 quilómetros e un nivel de dificultade baixa.

Desde o centro de Vilalonga (onde está a gasolineira) ir dirección A Salgueira, despues dun quilómetro coller a man esquerda dirección a Arnosa e Rouxique, aí hai un cartel que indica a ruta. Nela pódense visitar as lagoas artificiais de Rouxique onde se poden observar diferentes especies de aves.

Unha vez finalizada a ruta pódese ir dirección a Fianteira onde se atopa a fábrica de tellas e varios fornos de arxila.

Para os amantes da ornitoloxía, este é un punto ideal de observación de aves, sobre todo no outono e primavera e coa marea baixa.