A 20 minutos de Sanxenxo, a vila de Cambados, co seu impresionante patrimonio
Igrexa de Santa Mariña Dozo: É unha igrexa de principios do século XV actualmente en ruínas, pero declarada Monumento Histórico-Artístico desde o ano 1943.
Praza de Fefiñáns: Trátase dun conxunto urbano do século XVII, en cuxo interior está o templo parroquial de San Benito, cun prebisterio do século XVI cuberto con bóveda estrelada. A nave e os exteriores foron feitos de novo na segunda metade do século XVIII, pero na súa orixe fué fundación de San Rosendo. O Casco Antigo de Cambados está declarado como Conxunto de Interese Histórico Artístico, con xoias como os Pazos de Quintáns, Maza, Bazán e Montesacro.
Casa Museo de Ramón Cabanillas: Casa natal do poeta. Reformada en parte, as súas salas conteñen testemuños da vida de Cabanillas.
Museo Etnográfico do Viño: É o primeiro museo de Galicia e un dos primeiros de España no seu xénero. Alberga unha exposición a través da que podemos facernos unha idea moi completa da elaboración do viño, con todos os útiles a utilizar onte e hoxe.
Museo Muíño dás Mareas A Seca: Obra da primeira metade do século XVII, ata o século XIX pertenceu aos señores de Fefiñáns. Trátase dun muíño de mareas situado no lugar da Seca. Nos bajamanes a zona queda totalmente libre de auga.