Galicia é un dos lugares do mundo no que os padais están mellor atendidos, e boa mostra diso é a calidade e a afluencia do turismo gastronómico na nosa terra. A diversidade de rexións e de pratos típicos galegos é enorme, ademais de que as tradicións e a cociña beben de múltiples civilizacións e períodos históricos. Neste artigo queremos revelarche cinco pequenas curiosidades ao redor da cociña galega que talvez non coñecías.